Friday 17 de May de 2024

A III Bandeira de Bateis Concello da Pobra disputarase no 27 de marzo


Os remeiros e remeiras botaranse novamente ao mar con motivo da III Bandeira de Bateis Concello da Pobra, feminina e masculina, que se disputará no 27 de marzo e que organiza o Club Remo Puebla co patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal e a colaboración da Protección Civil pobrense e da Federación Galega de Remo.

A regata iniciarase ás 11.00 horas nas inmediacións da dársena do porto comercial e reunirá á maioría de clubs da zona norte de Galicia, polo que se agarda unha participación elevada. As bandeiras recaerán nos clubs en categoría feminina e masculina que logren maior puntuación.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), destacaron os resultados acadados polo club pobrense e tamén lles trasladaron os seus parabéns pola súa capacidade organizativa deste tipo de citas deportivas.

Pola súa parte, Adrián González e Marta Bermo, en representación do Club Remo Puebla, salientaron que contan cunha canteira de bateis “moi importante”, ademais de que esta entidade deportiva conta cada vez con máis remeiras, polo hai representación feminina en case tódalas modalidades, agás na cadete.

O evento seguirase dando cumprimento ao protocolo establecido por mor da COVID-19.